Hoxe pola tarde o PSOE e o BNG de Lugo volverán sentar para avanzar no futuro pacto de goberno. Anunciárono as concelleiras Ana González Abelleira, do PSOE, e Maite Ferreiro (BNG), ao remate da reunión de onte. Ambas falaron de que “teñen unha responsabilidade” e que o prioritario é chegar a “acordos” que permitan “un goberno estable”. Por iso, din, cómpre “estudar ben todas as áreas sen apresurarse”. Con este motivo, non trascendeu á prensa ningún avance concreto aínda que a cordialidade parece seguir marcando estes encontros.

Polo de agora, o que acordaron en firme é que haberá 13 concellarías das que se repartiron dúas: Benestar estará liderada por unha edil do PSOE e a de Cultura polo BNG.

 

 

- Publicidade -