O PSOE e o BNG de Lugo mantiveron este pasado xoves a súa primeira xuntanza para acadar un posible pacto de goberno. No encontro, establecéronse as bases de negociación e os termos nas que transcorrerán as seguintes negociacións.

Tanto a alcaldesa de Lugo en funcións e candidata socialista á Alcaldía, Lara Méndez, como o líder do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, destacaron o bo ton da reunión. Aínda que existen certas discrepancias arredor da carteira de urbanismo -especialmente arredor do PXOM aprobado en épocas de López Orozco-, a cordialidade marcou o encontro segundo ambos. De feito, xa fixeron data para a seguinte reunión: o próximo luns. 

- Publicidade -