O PSOE denuncia o abandono da zona da Almáciga

O PSOE solicita a declaración dun ARI (Área de Rehabilitación Integral) para 2.000 vivendas da Almáciga

Os concelleiros socialistas Paco Reyes e Gonzalo Muíños, acompañados polo presidente da Asociación de Veciños Francisco Asorey, Francisco Martínez Rama, ofreceron esta mañá unha rolda de prensa para denunciar o abandono da zona da Almáciga e para anunciar a presentación, para o vindeiro pleno, dunha moción instando á Xunta a declarar un ARI nas 2.000 vivendas deste barrio compostelán.

O presidente da Asociación fixo un chamamento ao Concello para reclamar puntos de luz, así como para facer fincapé no descoidado das árbores e do barrio en xeral. Na rolda destacou tamén o difícil acceso para ambulancias e coches.

“Rehabilitación urxente”

Para os socialistas é necesario e “urxente” proceder á rehabilitación das vivendas. É por isto que solicitan ao pleno que “inicie o procedemento” para presentar a solicitude ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo da declaración da Área de Rehabilitación Integral ao barrio da Almáciga.

- Publicidade -