O voceiro socialista no Concello de Santiago, Paco Reyes, asegurou en rolda de prensa que existe un informe de TUSSA posterior ao presentado na reunión que tratou a remunicipalización do guindastre e a ORA. Ese informe, segundo o socialista, contiña datos relevantes para a decisión que se tivo que tomar nesa xuntanza.
Paco Reyes advirte que os acordos desta xuntanza poderían quedar anulados
Segundo o propio Paco Reyes ese segundo informe non foi entregado aos grupos da oposición ata o 27 de decembro a raíz da constitución, por decisión plenaria, da Comisión Técnica.
O edil asegurou que as decisións desa xuntanza poderían quedar invalidadas xa que calquera das persoas presentes poderían ter mudado o seu voto se tivesen unha información máis completa que podería ser a que contén este segundo documento.