Home Programas Área Compostela O PSdeG ve “moi complicado” apoiar os orzamentos de 2019 polo “escaso cumprimento” de Compostela Aberta

O PSdeG ve “moi complicado” apoiar os orzamentos de 2019 polo “escaso cumprimento” de Compostela Aberta

0
O PSdeG ve “moi complicado” apoiar os orzamentos de 2019 polo “escaso cumprimento” de Compostela Aberta

O grupo municipal socialista, “socio preferente” de Compostela Aberta nas negociacións orzamentarias, deixa pendendo dun fío o seu apoio ás contas de 2019. O seu voceiro, Paco Reyes, lamenta a “falta de compromiso” do grupo de Goberno coas “promesas” reflectidas nos orzamentos de 2018, o que provoca que o partido vexa “moi complicado” prestar de novo o seu voto positivo.

Só se aprobaron dúas das once iniciativas prometidas

Un “aviso a navegantes”

Reyes salienta que, das once propostas do PSdeG incluídas nas contas do pasado ano “só foron aprobadas, e con matices, dúas”. Así e todo, as actuacións desenvolvidas non acadarían o 30% da contía orzamentada para as mesmas, segundo sinalou o edil. En consecuencia, os socialistas envían un “aviso a navegantes” de cara ás negociacións para o vindeiro exercicio.