As e os traballadores da Escola Municipal de Música aínda non ven con claridade o seu futuro. O grupo municipal do PSdeG-PSOE denunciou este luns que, trala resolución xudicial emitida o pasado 10 de xullo, non se pode determinar con certeza que empresa prestará o servizo, xa que o Goberno local deixara deserto o concurso de adxudicación en maio co gallo de garantir os postos de traballo de toda a plantilla.
Deste xeito, a incerteza mantense no aire, polo que Paco Reyes, voceiro socialista na cidade, pide ao alcalde que dote de “seguridade xurídica” ás e os traballadores e lles asegure que poderán seguir nos seus postos actuais. Así e todo, Reyes criticou tamén dos pregos do contrato inicial a “baixa calidade” do proxecto educativo ofertado.