O PSdeG-PSOE di que a Xunta deixa 3.800 familias sen praza na Escola infantil pública

Califican de “fiasco” a promesa de Feijóo de dotar cada polígono industrial dunha escola infantil

Noela Blanco, portavoz de Política Social do Grupo Socialista, acusou á Xunta de Galicia de deixar a 3.800 familias sen praza nas escolas infantís públicas na última convocatoria. A socialista cualificou de “fiasco” a promesa de Feijóo de dotar cada polígono industrial dunha escola infantil e criticou a falla de prazas dende a chegada de Feijóo.

- Publicidade -

“O único que fixo foi cambiarlles o nome por revanchismo político, subir os prezos máis dun 19 por cento, duplicar os prezos de comedor e presentar como novidade os concertos coas escolas privadas en 2015”, asegura Noela Blanco e acusou ao presidente da Xunta de “emborrachar á cidadanía con cifras de novas prazas en cada convocatoria electoral”.

A socialista lembrou que o goberno presidido polo PSdeG deixou proxectadas máis de 3.000, o que supón “máis do 80 por cento do que teñen feito nestes anos”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego