O PSdeG-PSOE denuncia irregularidades na concesión de helicópteros ao 061

A licitación gañouna o mesmo empresario e as bases indican peores condicións para a seguridade no seu traballo

A sanidade pública segue a ser un quebracabezas para o goberno Feijóo. Os deputados Julio Torrado e Noela Blanco do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia denunciaron hoxe na Comisión de Sanidade o que consideran irregularidades na concesión do transporte aéreo do 061.

- Publicidade -

Unha destas irregularidades é que a nova concesión recae na mesma persoa que figuraba na anterior empresa adxudicataria. Por outro lado apuntan que nas novas condicións para este servizo empeoran algúns elementos que poderían aumentar a inseguridade dos mesmos.

No seu día os socialistas xa denunciaron con iniciativas parlamentarias varias irregularidades noutro tema semellante: o das ambulancias.

Desde o PSdeG-PSOE poñen en dúbida a xestión da Consellaría de Sanidade e sinalan aos recortes do PP en Galicia como un dos motivos para que se dean este tipo de situacións que, segundo Julio Torrado, “seguen criterios diferentes ás necesidades da xente”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego