O PSdeG propón un “pacto local” para dar pulo ao comercio en Compostela

Paco Reyes bota en falta máis "políticas de fomento do comercio" por parte do Goberno local

O grupo municipal socialista lamentou este venres a “problemática do comercio” en Santiago de Compostela. O seu voceiro, Paco Reyes, amosou en rolda de prensa fotografías de 120 locais baleiros de diferentes puntos da cidade: “Segundo os datos do IGE, o único que se conseguiu foi igualar o número de empresas que abren coas que pechan”, expuxo.

Abren as mesmas empresas que pechan

Para Reyes, trátase dunha cuestión “xeralizada” no conxunto do municipio, mais salienta como zonas “máis castigadas” O Ensanche, a rúa do Restollal ou espazos da cidade histórica coma O Preguntoiro. Así e todo, pregúntase “onde están as campañas a prol do comercio” que insta a Compostela Aberta a impulsar.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Emporiso, o PSdeG avoga por crear un “Pacto Local polo Comercio” para dar pulo ás pequenas empresas da cidade, xa que “o comercio local é unha fonte de riqueza e de xeración de emprego”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -