Home Programas Espazo Aberto O PSdeG pide un “cambio de raíz” na política forestal

O PSdeG pide un “cambio de raíz” na política forestal

0
O PSdeG pide un “cambio de raíz” na política forestal

O grupo parlamentario socialista anunciou este luns que presentará, nas vindeiras datas, unha batería de iniciativas para iniciar un “cambio de raíz” que supere o “fracaso” da política forestal da Xunta. Para o PSdeG-PSOE é imprescindíbel instaurar un “medio rural viábel” para que o monte sexa “máis produtivo”.

Xoaquín Fernández Leiceaga, líder do partido na Cámara galega, propón un prazo de dez anos para ordenar alomenos a metade da masa forestal do país, xa que, a día de hoxe, isto só acontece co 10% das hectáreas. Para logralo, insta a actuar por fases, comezando polos montes de titularidade pública para continuar cos veciñais, os mancomunados e os privados.