O voceiro socialista Paco Reyes amosou esta mañá, en rolda de prensa, o posicionamento do PSdeG ante as “problemáticas” que presenta a Escola Municipal de Música. En palabras do concelleiro, “non había demanda de escolarización”. Ademais, segundo este, non é posible ter para o vindeiro curso, “sendo realistas”, unha ubicación definitiva.
O @psdegsantiago pide un calendario para solucionar a problemática coa Escola de Música https://t.co/KVl7loPBPy @pacoreyesstgo pic.twitter.com/4f4Zjoec0P
— Nós Televisión (@NosTelevision) 27 febreiro 2017
O edil manifestou que algúns dos lugares aptos para a acollida poderían ser Ramón Cabanillas ou a Casa da Xuventude. Desta última, desde o PSdeG pídese o expediente xa que non se sabe “en que consiste o proxecto”. Ademais, Paco Reyes fixo fincapé na necesidade de dar unha volta á Escola no marco formativo.