Home Programas Espazo Aberto O PSdeG pide a catalogación da galiña piñeira como raza autóctona de Galicia

O PSdeG pide a catalogación da galiña piñeira como raza autóctona de Galicia

0
O PSdeG pide a catalogación da galiña piñeira como raza autóctona de Galicia

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, Óscar Vilar Chento, presentou unha proposición non de lei para pedir o recoñecemento da galiña piñeira como raza autóctona de Galicia. Deste xeito, reclámalle á Xunta que elabore un Plan de recuperación e conservación desta especie, unha das máis antigas da Península Ibérica, que permita a súa catalogación como raza autóctona.

O deputado socialista reclamou a colaboración e o apoio da Xunta de Galicia “a través do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG)” o cal depende da Consellería do Medio Rural. Defendeu a necesidade de iniciar unha “labor de recuperación e investigación” e sinalou a importancia de preservar a galiña piñeira que, xunto a galiña de Mos, “é unha das galiñas máis antigas da Península Ibérica”. Trátase dun exemplar ameazado ao longo da súa historia e que a comezos do século estivo “a piques de desaparecer”, chegando a contar daquela con apenas un cento de espécimes localizados principalmente “en galiñeiros do interior galego”.