Coincidindo co recente inicio da remunicipalización do ORA e o guindastre, o voceiro socialista, Paco Reyes, compareceu en rolda de prensa para facer unha valoración de dito comezo e, sobre todo, para anunciar a presentación dunha serie de informes para clarificar algúns aspectos que, segundo o propio grupo socialista, o proceso non se está ” axustando ao aprobado no pleno”
O PSdeG lamenta o “incumprimento plenario” de CA sobre a municipalización da ORA
Paco Reyes salienta que, no Pleno de marzo, o grupo de Goberno se comprometeu a "estudar a posíbel gratuidade do servizo" e, a día de hoxe, "non houbo resposta" por parte de Raxoi.