O PSdeG denuncia falta de compromiso do goberno galego coa Igualdade nos centros educativos

Luís Álvarez, portavoz de Educación do Grupo Socialista, advertiu do descoñecemento demostrado pola Xunta do funcionamento do Plan de Actuacións para a Igualdade.

Nun tema tan de actualidade como a igualdade non todo o mundo está á altura. O portavoz de educación do Grupo Socialista, Luís Álvarez, descubriu a través dunha pregunta oral nunha comisión que o goberno galego ignora como se está a desenvolver o o I Plan de Actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020.

“O Plan”, segundo explica o deputado, “consta de 27 medidas, bos indicadores para saber se o plan funciona ou non, e dos que o Executivo debería poder dar boa resposta”. Álvarez sinala que o goberno só respostou a nove delas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Contra as condutas discriminatorias

Este Plan estaba previsto para inverter o aumento das condutas discriminatorias e dos estereotipos sexistas entre o alumnado a través da transversalidade, a sociedade igualitaria, o obxectivo “violencia 0 nas aulas e na sociedade” e a inclusión e integración da diversidade.

Na resposta do goberno galego sobre este Plan Luís Álvarez asegura que non deron conta da cantidade de centros e alumnado que participan. “Por moito que digan que está funcionando en plenitude, a verdade é que demostran que non teñen elementos para saber se isto é así”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -