O voceiro municipal do grupo socialista de Santiago, Paco Reyes, reclamou hoxe en rolda de prensa, entre outros puntos, máis profesorado para a Facultade de Medicina. Reyes lembrou a necesidade de que a taxa de reposición sexa do 100%.

- Publicidade -

O voceiro socialista rexeitou que o convenio da Xunta coa Universidade e o Concello para a construcción da nova facultade estea relacionado coa operación urbanística de Galeras.

Na mesma rolda de prensa instou ao goberno local a loitar contra o problema do desemprego na cidade.

Por este motivo criticou o que sinalou como “baixa inversión de fondos” nesta materia. Reyes calificou o desemprego como “o problema máis grave da cidade”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego