O PSdeG quere que os bancos paguen máis polos caixeiros na rúa

Esta é unha das medidas que propoñen os socialistas para votar a favor dos Orzamentos 2017 no Concello

O voceiro socialista no Concello de Santiago, Paco Reyes, presentou en rolda de prensa unha serie de propostas para o borrador dos Orzamentos de 2017 que, nesta ocasión, tiveron como eixo fundamental os ingresos. A primeira medida sería a utilización do IBI rústico pola revisión catastral para o propio rural.

O PSOE de Santiago tamén aposta por subir a taxa do uso dos caixeiros dos bancos, utilizando criterios diferentes aos actuais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O voceiro socialista asegurou que con estas propostas aceptadas polo Goberno local a súa formación podería dar o seu visto bo aos orzamentos deste ano.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -