Home Programas Espazo Aberto O PSdeG de Lugo denuncia o mal estado das estradas da provincia

O PSdeG de Lugo denuncia o mal estado das estradas da provincia

0
O PSdeG de Lugo denuncia o mal estado das estradas da provincia

O PSdeG considera unha “burla” a actuación do PP na provincia en materia de mantemento das estradas. O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos, e a Deputada Socialista no Congreso pola Provincia, Margarita Pérez, denunciaron o recente anuncio de 3 millóns de euros para “tapar baches” nalgúns treitos de estradas estatais cando nos Orzamentos do Estado de 2016 e 2017 figuran polo menos máis de 20 millóns de euros para o seu mantemento.

Como mostra do deterioro das estradas que dependen do Ministerio de Fomento gravaron o percorrido da N-540 que une Lugo e Ourense á altura de Chantada para demostrar o mal estado da mesma.

“Estes 3 millóns de euros son claramente insuficientes para a reparación dos treitos de máis de 200 quilómetros que din que van a arranxar na N-540, N-642, N-547 e A-6. Estes fondos permiten como moito tapar algún bache”, declarou á prensa Santos Ramos.

Actuacións pendentes na provincia

Os socialistas de Lugo levan tempo demandando ao Ministerio de Fomento que se soluciones os graves problemas que teñen as estradas lucenses. Poñen como exemplo a N-634 desde Ribadeo a Begonte, a Autovía da Mariña, a propia N-540 en Palas de Rei na N-547.

Ademais Pérez Herraiz defendeu no Congreso a proposición non de Lei que presentou o PSOE, demandando ao Goberno Central do PP que no prazo de 6 meses elabore unha planificación na que se especifiquen as actuacións, prazos e o orzamento correspondente para a execución das autovías pendentes na provincia de Lugo.