Home Programas Área Compostela O PSdeG culpa dos datos da EPA ás políticas de emprego de Compostela Aberta

O PSdeG culpa dos datos da EPA ás políticas de emprego de Compostela Aberta

0
O PSdeG culpa dos datos da EPA ás políticas de emprego de Compostela Aberta

As cifras do segundo trimestre da EPA amosan en Compostela unha diminución do paro en 200 persoas. Porén, este dato é “enganoso” para o PSdeG, xa que se ve acompañada dunha perda de poboación activa e ocupada. Paco Reyes lembra, asemade, que esta xa non é a cidade con menor taxa de paro de Galicia das sete grandes localidades, un mérito que agora corresponde a Lugo.

O Concello, salienta Reyes, só investiu o 22% dos cartos orzamentados para emprego

O voceiro socialista culpa desta situación ao “baixo nivel de execución” dos orzamentos previstos no 2017 en materia de políticas de emprego. O Concello, salienta Reyes, só investiu o 22% dos cartos previstos neste eido, polo que “Compostela Aberta deixou sen gastar un millón de euros”.

 

Para o PSdeG, a fórmula para combater o desemprego pasaría por “modificar o tecido empresarial”, “impulsar acordos para prácticas en empresas” e “facilitar a creación de postos de traballo con apoio económico”.