O PSdeG critica o “baixo nivel de investimento” do Goberno de Compostela Aberta

Con todo, o alcalde responde que existe un "problema estrutural" na corporación co nivel de investimento

O voceiro municipal do PSdeG-PSOE, Paco Reyes, lamentou este venres o “baixo nivel” de execución no capítulo de investimentos reais do Concello de Santiago, unha vez coñecida a liquidación dos orzamentos de 2017. “En 2010, cun goberno socialista, o investimento por habitante era de 292 euros, namentres con Martiño Noriega foron 68 euros”, expuxo Reyes.

O Alcalde desbota as cifras do voceiro socialista: “Son irreais”

Porén, o alcalde afirmou que existe na corporación un “problema estrutural” en materia de execución de orzamentos. Así e todo, Noriega cualificou de “irreais” as cifras amosadas polo PSdeG, xa que “o ano 2010 foi o do Plan Zapatero e houbo maiores investimentos nas administracións locais”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -