Home Programas Área Compostela O PSdeG bota en falta máis promoción turística da Semana Santa en Santiago

O PSdeG bota en falta máis promoción turística da Semana Santa en Santiago

0
O PSdeG bota en falta máis promoción turística da Semana Santa en Santiago
A Semana Santa compostelá

Os socialistas de Compostela consideran “negativa” a tendencia turística dos últimos meses na cidade e demandan máis promoción en datas sinaladas como é a Semana Santa. Explicouno en rolda de prensa o seu voceiro, Paco Reyes, quen se apoiou en datos dos tres últimos meses. A falta de datos, iso si, dos oficiais destes días festivos.

Deste xeito, Paco Reyes critica a escasa programación turística. Así, o voceiro socialista sinalou entre as razóns para que o turismo non se achegue á cidade por Semana Santa a “falta de incentivos” en forma de actividades. Apuntou o lider do PSdeG na cidade que houbo “poucos” espectáculos e faltou promoción.

O “Son do Camiño” como exemplo

En Ferrol si poñen en valor a Semana Santa

O portavoz dos socialistas en Raxoi puxo como exemplo de boa xestión turística ao concello de Ferrol e a súa aposta polas actividades relacionadas coa celebración católica. Tamén a aposta da Xunta de Galicia por espectáculos de masas como é o caso do controvertido espectáculo de “O son do camiño” que terá lugar no mes de xuño no Monte do Gozo.