O proxecto do PP de modificar a Lei Galega de Saúde afonda no desmantelamento e na privatización do Sistema Sanitario Publico Galego. Así o denunciou esta mañá o voceiro socialista no Concello de Santiago, Paco Reyes.
O voceiro socialista fixo un chamamento á veciñanza compostelá a participar na manifestación organizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública este domingo (12:00h, Alameda) para reclamar a retirada deste proxecto e en defensa dun sistema sanitario público, universal e gratuito.
O PP volve co conto das “pancartas partidistas”
Esta mesma semana, o Partido Popular presentou un escrito no Rexistro Municipal para “demandar información” ao respecto da instalación por parte do Goberno municipal dunha “pancarta partidista” de apoio á manifestación desta sábado.