O Concello de Santiago e a USC, na figura do concelleiro Xan Duro e o educador ambiental Miguel Pardellas respectivamente, presentaron este martes as novidades do programa Descarboniza! Que non é pouco…. Trátase dunha iniciativa consolidada na cidade que tenta amosar como a vida cotiá das persoas pode influír no cambio climático. O traballo víñase realizando cun público adulto en diferentes centros cívicos composteláns.
Novo programa de colaboración con Donostia
De cara ao vindeiro curso, reforzaranse de xeito notábel as súas actividades, xa que vén de recibir unha subvención por valor de 44.000 euros da Fundación Biodiversidade, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica. programa de actividades grazas a unha subvención da Fundación Biodiversidade, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Esta axuda permitirá a posta en marcha dun programa de colaboración co concello de Donostia, exportando o modelo do Descarboniza!.
Segundo se indicou na rolda de prensa deste martes no Pazo de Raxoi, este ano reforzarase o traballo co público adulto, facendo especial fincapé nas persoas da terceira idade. O obxectivo é “procurar o seu papel máis activo” na loita contra o cambio climático, así como a súa participación en actividades interxeneracionais coa mocidade.