Home Programas Área Compostela O programa ‘ReVive Santiago’ presenta nunha web os proxectos da EDUSI

O programa ‘ReVive Santiago’ presenta nunha web os proxectos da EDUSI

0
O programa ‘ReVive Santiago’ presenta nunha web os proxectos da EDUSI

O Concello muda a imaxe do plan de fondos europeos EDUSI. A web revivesantiago.gal permitirá consultar toda a información vencellada ao programa que, dende agora, será coñecido como ‘ReVive Santiago’. Na web facilítase a documentación referida a cada un dos proxectos financiados con estas achegas, que se sustentan sobre tres eixos: accesibilidade, inclusión e patrimonio.

‘ReVive Santiago’ ten tres liñas de actuación: accesibilidade, inclusión e patrimonio

A contía total deste investimento rolda os 12’5 millóns de euros, que serán destinados a plans de actuación tan ambiciosos como as obras de Castrón Douro e Batalla de Clavijo, os accesos á Intermodal dende a rúa de Clara Campoamor ou diversos obradoiros de emprego para a construción de sendas peonís.

O novo proxecto ‘ReVive’ será presentado este mércores no Auditorio de Galicia, nun acto que comezará ás 20.00 horas e contará coa presenza de representantes veciñais e membros do tecido asociativo da cidade.