O programa ‘O galego a miña lingua propia’ da Deputación da Coruña volveu as aulas para animar á mocidade a usar o galego

O obxectivo desta actividade é reforzar autoestima e animar con representantes de ámbitos atractivos e potenciar o uso do noso idioma

Darlle volta ás enquisas que din que a nosa mocidade está a deixar de empregar o galego. Eis a idea coa que xurdiu o programa #ogalegoamiñalinguapropia da Deputación da Coruña. A vicepresidenta desta institución, Goretti Sanmartín, explicou na presentación dunha nova fase desta iniciativa.

Explicando como foi ata agora o programa estiveron os músicos Xurxo Souto e MJ Pérez e a contadora e poeta Lucía Aldao. Para todas o contacto directo coa mocidade foi esencial, saber de primeira man as súas inquedanzas en cuestión de lingua e fornecerlles de elementos de autoafirmación cara o galego.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Na primeira etapa da iniciativa participaron de forma directa 1.417 alumnas e alumnos e o cálculo de participación indirecta supera neste momento as 7.000 persoas. Polo de agora pasou por 20 concellos : Outes, Santa Comba, A Baña, Betanzos, Narón, Fisterra, Carral, Cerceda, Miño, A Coruña, Oroso, Frades, Melide, Rianxo, Rois, Abegondo, Arteixo, Ames, Arzúa e Cee , cun total de 40 actividades realizadas.

A iniciativa chegará cando remate a centros de ensino de 43 concellos con máis de noventa actividades en que participarán máis de tres mil mozas e mozos directamente.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -