Home Programas Área Compostela O Programa de Nadal aposta pola Conciliación familiar

O Programa de Nadal aposta pola Conciliación familiar

0
O Programa de Nadal aposta pola Conciliación familiar

“Conto, canto o Nadal” é o lema da programación de Nadal deste ano, presentada en rolda de prensa por Xan Duro e na que participan case tódolos departamentos municipais. Acompañaron ao edil Noela Vila, do departamento de Xuventude, Montse Cillero, de Festas e Guadalupe Rodríguez, de Centros Socioculturais.

Unha aposta pola conciliación familiar

Nesta ocasión apóstase pola conciliación familiar, que funcionaba pola mañá, mais existía un oco baleiro na tarde onde os pais non sabían onde deixar aos seus fillos. Así o explicou Guadalupe Rodríguez.
Falou tamén de que as persoas maiores poderán aprender, a través desta programación, a empregar as novas tecnoloxías. De feito, tal e como indicou ela, unha das demandas deste sector era, entre outras, aprender a mandar unha postal por correo electrónico.
Dende o departamento de Xuventude, Noela Vila indicou que se levarán a cabo diversas e novidosas iniciativas. Concertos de rap ou grupos locais a pé de rúa co obxectivo de incitar á cidadanía a saír a visitar a cidade nesta época tan marcada, son algunhas das intencións que persegue esta programación. Mais o que salientou o edil Xan Duro, é a aposta porque a rapazada coñeza de preto a historia e a importancia da Praza de Abastos.

Dende o departamento de Festas quixéronse destacar as actividades máis tradicionais e coñecidas por todos que, un ano máis, seguirán tendo cabida. Así o explicaba Montse Cillero.

Ademais, Noela Vila, indicou que unha gran parte da programación desenvolverase en Área Central, onde se poderán ver moitas actividades relacionadas coa cultura. A actividade “Boas noites Nadal” e a Praza Roxa tamén estarán presentes nestas festas de Nadal.
O concelleiro Xan Duro, respondendo á prensa, indicou que no día de onte quedaría iluminado todo o ensanche, mais que haberá que esperar a mediados deste mes para poder ver desenvolvidos todos estes proxectos.