Home Programas Área Compostela O programa de conciliación de Semana Santa acolle ao redor de 70 escolares

O programa de conciliación de Semana Santa acolle ao redor de 70 escolares

0
O programa de conciliación de Semana Santa acolle ao redor de 70 escolares

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou o CEIP das Fontiñas, un dos centros que, xunto co Raíña Fabiola, acolle o Programa de Conciliación de Semana Santa.

Aínda quedan prazas libres para apuntarse


Manuel Dios sinalou que nesta edición as actividades levan o lema de “Un mundo de cor” na que nenos e nenas realizarán debuxos e actividades plásticas traballando a figura de Frida Khalo.

Nas excursións e saídas para coñecer Compostela coñecerán lugares pouco nomeados entre o alumnado como, por exemplo, o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís ao que se achegarán o vindeiro martes 11 de abril.