Este mércores A Estrada vai clausurar o programa “Galicia Culturea” da Rede de Dinamización Lingüística e que recorreu máis de 160 concellos. Como non podía ser doutro xeito a representación elixida será “Contos vellos para rapaces novos” de Xosé Neira Vilas, autor moi vinculado ao concello estradense. A posta en escena terá lugar o mércores 31 ás 8 da tarde na Alameda Municipal.