Home Programas Espazo Aberto O profesorado de primaria e secundaria maniféstase para recuperar o horario lectivo de antes dos recortes de 2011

O profesorado de primaria e secundaria maniféstase para recuperar o horario lectivo de antes dos recortes de 2011

0
O profesorado de primaria e secundaria maniféstase para recuperar o horario lectivo de antes dos recortes de 2011

O profesorado de educación infantil, primaria e secundaria reclámalle á Xunta volver a ter 18 horas lectivas na educación secundaria e 21 na primaria. O secretario nacional da CIG Ensino, Suso Bermello, explica que este é un tema que xa se falou coa nova conselleira de Educación cando entrou hai oito meses, pero segue sen haber cambios. “A decisión é do goberno”, asegura Bermello.

Na concentración o profesorado salientou o feito de que ademais do incremento de horas, tamén debe darse un incremento de alumnos por aula. “Un bo sistema educativo debe diminuír o alumnado e a carga horaria do profesorado”, di Dores Fernández, profesora de portugués.

O profesorado pide solucións para o final deste curso escolar ou, como moi tarde, para comezos do primeiro trimestre do próximo curso. Se isto non se dá, o profesorado asegura que continuará coas mobilizacións ás que non só acudirán os delegados sindicais, senón tamén os autores das cerca de doce mil sinaturas recollidas ata o momento.