Home Programas Espazo Aberto O prezo do aluguer en Compostela sobe un 14,2 % e en Vigo baixa un 1,2

O prezo do aluguer en Compostela sobe un 14,2 % e en Vigo baixa un 1,2

0
O prezo do aluguer en Compostela sobe un 14,2 % e en Vigo baixa un 1,2

O prezo da vivenda de aluguer subiu un 7% en Galicia durante o ano 2019 segundo o último informe que publicou Idealista. A cidade galega onde máis aumentou o aluguer foi Compostela cunha suba do 14,2 % seguida da Coruña, 7,4%, e Lugo, cunh 5,4 por cento. As únicas cidades onde baixa o prezo de aluguer é Ourense, cun -2,6% e Vigo, -1,2 por cento. Por provincias, hai unha alza xeneralizada agás en Ourense (-2,5%). O incremento lidérao A Coruña (+12,1%), seguida de Lugo (+8,9%) e Pontevedra (+5,6%). No estado español o avance de media é de 4,8 por cento.