O presidente de SOGAMA, Javier Domínguez, solicitou a última hora o aprazamento da comparecencia da Comisión 2º do Parlamento de Galicia trala pregunta de En Marea sobre que está a facer a Xunta para atender as denuncias do cadro de persoal do transporte de residuos sólidos que levan xa un mes en folga.

- Publicidade -

Para o promotor da pregunta, Antón Sánchez, “é intolerable que o goberno galego nunha situación de emerxencia coma esta non viñera a dar conta a unha pregunta parlamentaria dirixida a solventar as dúbidas do persoal de Transportes Pacholo, a subcontrata para o contrato do lixo de SOGAMA, que están dende hai un mes en folga reclamando melloras laborais e protestando contra o despedimento de oito traballadores.”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego