O PP opta agora por fiscalizar as axudas ao sector eléctrico

A iniciativa parlamentaria do PP inclúe as peticións realizadas polos grupos da oposición

A grave situación causada polo anuncio de peche da factoría de Alcoa na Coruña fixo reaccionar ao PPdeG no Parlamento. A proposta presentada polos populares con anterioridade ao anuncio da multinacional foi modificada coas achegas dos diferentes grupos da oposición que insistían en “fiscalizar” as axudas á empresas.

- Publicidade -

Unanimidade no Parlamento para vencellar as subvencións ao mantemento do emprego 

Marta Nóvoa, voceira do Grupo do PP da área de Enerxía, explica a Nós Televisión que a iniciativa trataba sobre as empresas electrointensivas en xeral, mais que a situación creada polo anuncio de Alcoa fixo que se engadiran cuestións como a de vincular as axudas a que as empresas realicen investimentos para poder ser máis competitivas e a conservar os postos de traballo das súas factorías.

O acordo chegou logo dun intenso debate no que o deputado del PSdeG Abel Losada e a deputada do BNG, Noa Presas comentaran a reacción do PP con este tema. Polo seu lado En Marea, a través do seu deputado Pancho Casal engadía a idea de esixir a retirada dos ERE e buscar “logo” aso culpables desta situación.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego