O PSdeG presentou está mañá no Parlamento de Galicia unha iniciativa para pedir a fin dos suplementos territoriais na factura da luz.
Abel losada: “queremos acabar con esta lei para acabar cunha absoluta discriminación”
Abel Losada, deputado dos socialistas galegos, afirmou que é unha absoluta discriminación e que o mellor para acabar con isto é cambiar a lei. Nunha liña similar tamén se manifestou Noa Presas, deputada do BNG no Parlamento Galego, quen insistiu que se deben realizar mudanzas para poder garantir realmente o acceso á enerxía debería como “un dereito básico para todas as persoas”
En Marea: “A lei do sector eléctrico é espoliadora dun ben de primeira necesidade”
Pancho Casal (En Marea) rexeitou os suplementos territoriais. Son, en palabras deste deputado, “o colmo da desfachatez nunha lei espoliadora” e atacou duramente a lei estatal do sector eléctrico
???Para o deputado de @En_Marea @panchocasal, a Lei do sector eléctrico é unha “lei espoliadora dun ben de primeira necesidade” pic.twitter.com/uDyPY27dlo
— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 de junio de 2017
Esta iniciativa do PSdeG contou cos apoios do BNG e de EnMarea, mentras obtivo os votos en contra do PP, polo que non se pedirá o Congreso dos Diputados un cambio de lei do sector eléctrico que elimine a posibilidade de que o Goberno active os suplementos territoriais.