A poucos meses das eleccións municipais o PSdeG-PSOE provincial de Lugo denuncia o esquecemento que viven os seus habitantes por parte da Xunta de Galicia. Álvaro Santos, Secretario Xeral das e dos socialistas lucenses e voceiro desta formación na Deputación, afirmou a Nós Televisión que o goberno de Feijóo “abandonou” á provincia en temas moi importantes para a cidadanía.

Álvaro Santos tamén opinou da aparición desde hai uns meses da ultradereita e o seu pacto co PP. Entende que os seus postulados coinciden entre sí.

O Secretario Xeral dos socialistas de Lugo amosa o seu optimismo de cara á vindeira cita electoral do mes de maio. Álvaro Santos confía en que os veciños e veciñas da provincia continúen a confiar no proxecto do seu partido e mesmo poidan acadar novas “prazas” agora en mans doutras forzas políticas.

- Publicidade -