A comparecencia da Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, no Parlamento Galego para explicar a situación que viviu Galicia estes días cos graves incendios en todo o país decepcionou. Porén, a súa intervención ficou secundarizada pola dureza que amosou o PP contra a oposición.

- Publicidade -

O deputado popular José Balseiros provoca á oposición: “Vostedes nin pisaron os incendios nin pisaron o rural”

Arroupado polo deputado popular José Balseiros conseguiu sacar dos seus escanos aos tres partidos da oposición, como o deputado Davide Rodríguez que abandonou a cámara logo de duras acusacións, e seguiu o relato oficial culpando aos incendiarios e ao mal tempo.

Feijóo, ausente

A non comparecencia do presidente da Xunta foi unha das queixas dos grupos da oposición. BNG, PSdeG e En Marea amosaron unidade nesta ocasión mesmo gratificando cos seus aplausos as súas intervencións. Peche en falso dun tema que seguirá, seguro, continuará presente no Parlamento nos vindeiros días.

https://nostelevision.gal/feijoo-non-da-cara-no-parlamento-falar-dos-incendios/

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego