Nesta semana post-electoral na que todos os partidos están a analizar os resultados obtidos, o PP non practica a autocrítica. A súa deputada, Paula Prado di que “moitos están equivocados cos resultados das eleccións. Non acadamos o que queríamos pero o PP gañou”.

- Publicidade -

Prado tamén di que o obxectivo do Partido Popular é defender os intereses de Galicia e que se enfrontarán ao Goberno central cando este non os respecte.

Ademais de valoracións sobre as eleccións, o PP levará ao Ministerio de Fomento que inicie un estudo informativo sobre a creación dun novo acceso ferroviario que conecte a futura estación intermodal de Compostela co aeroporto de Lavacolla. A deputada Paula Prado explica tamén que dende o PP queren que se avalíe a posibilidade de empregar os terreos da antiga terminal aeroportuaria para que non quede en desuso.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego