O PP di non entender a manifestación das e dos traballadores da CRTVG

Pola contra, os grupos da oposición volven manifestar o seu apoio ante as demandas do persoal dos medios públicos en Galicia

Ao tempo que as e os traballadores da CRTVG piden mudanzas no funcionamento dos medios públicos no noso país e os grupos da oposición claman contra a manipulación informativa exercida desde o Goberno galego, esta postura non a comparte o Partido Popular.

PP responde con críticas polas mudanzas do Goberno Socialista na RTVE

Esta mañá estivemos coa deputada do PP Raquel Arias que asegurou a Nós Televisión que o executivo dirixido por Feijóo xa está a cumprir a lei e, ao mesmo tempo, criticou as mudanzas realizadas polo goberno socialista en Madrid en relación aos cambios na dirección da RTVE.

Os grupos da oposición

Pola contra, todos os partidos da oposición criticaron o incumprimento da lei e apoiaron as reivindicacións de traballadoras e traballadores.

Ademais das mobilizacións por parte do Comité intercentros da CRTVG, este presentou unha denuncia o pasado mes de agosto na Comisión de Peticións de Bruxelas denunciando varios casos de manipulación informativa. Esta semana será un dos temas que se tratarán no Pleno ordinario do Parlamento de Galicia.

- Publicidade -