O PP de Santiago quere sacar tallada do caso Paula Quinteiro

Agustín Hernández anuncia unha moción no Pleno para reprobar a Paula Quinteiro

- Publicidade -

A controvertida actuación da Paula Quinteiro na madrugada do pasado domingo, 19 de marzo traspasou as portas do Parlamento para instalarse tamén no Pazo de Raxoi.

O grupo municipal do PP anunciou, a través do seu portavoz Agustín Hernández, que presentará unha moción no vindeiro Pleno para que a corporación felicite o traballo da policia local e reprobe a actitude da deputada de En Marea.

Noriega está cos santiagueses aos que lles rompen os retrovisores ou cos seus amigos de Podemos?

Agustín Hernández foi máis alá e pediu ao propio alcalde que diga se está a defender á cidadanía de Santiago que aparca os seus vehículos na rúa ou a Podemos.

O portavoz popular acusou a Paula Quinteiro de “ser casta” aludindo ao termo empregado por Podemos que sinala ás persoas con cargos que se aproveitan deles. Desde o Grupo Municipal Popular manifestan o seu apoio e respaldo á actuación da Policía Local no incidente acontecido e sinalan que queren que quede constancia a tavés da aprobación desta moción.

Dúbidas sobre a actuación policial

Esta mesma mañá, O Salto Diario reveleba novos datos sobre o caso que afecta á deputada Paula Quinteiro e que “cuestionan” o atestado policial, pois o policía implicado estaría supostamente condenado en 2007 por lesións.