O voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, afirmou en rolda de prensa que o Concello de Santiago debería desenvolver unha iniciativa para promover o coñecemento das fontes. Tamén destacou a importancia do establecemento de placas de potabilidade nas mesmas.
Hoxe @Agustin_Stgo pediu melloras nas fontes da cidade https://t.co/W8E4V63Ota O PP quere promover o coñecemento e restauración das mesmas pic.twitter.com/ESjON5c541
— Nós Televisión (@NosTelevision) 13 xaneiro 2017
Hernández salientou o aspecto de abandono dalgunhas fontes e instou ao Goberno Municipal a que renovase as ordenanzas vixentes, ás que calificou de obsoletas.
Na mesma comparecencia, o voceiro do PP manifestou que estaba convencido de que estas propostas serán aprobadas por unanimidade.