O PP critica “a falta de apoio” do Concello ás Feiras do Libro

María Antón asegura que a Federación de Libreiros non sabe se contará co apoio municipal nesta edición

A concelleira do PP en Santiago, María Antón, anunciou en rolda de prensa que o seu grupo presentará unha moción no vindeiro Pleno municipal solicitando maior apoio por parte do consistorio ás feiras do libro que teñan lugar na cidade.

- Publicidade -

María Antón amosouse preocupada por un sector en dificultades na nosa cidade e no país

Segundo informou aos medios de comunicación, na actualidade as feiras do libro en edicións anteriores percorreron 14 localidades galegas cada ano e as feiras do libro de ocasión cinco.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego