O PP continúa apostando pola megaminaría: “Estamos abertos a posta en marcha de calquera proxecto que supoña a xeración de emprego”

A deputada Paula Prado envía unha mensaxe de "tranquilidade" ante o "alarmismo xerado por algúns partidos e organizacións"

O Goberno galego semella manter unha posición de intransixencia no tocante ao proxecto mineiro dos concellos de Touro e O Pino. A deputada popular Paula Prado asegura respectar a manifestación de onte, mais envía unha mensaxe de “tranquilidade” argumentando que a Xunta só permitirá unha minaría “sustentable”, “innovadora”, “responsable” e “xeradora de emprego.

O PP critica que a oposición “envelene” a opinión pública a respecto da mina de Touro

Prado considera que dende “determinados partidos e organizacións” estase a “envelenar” a opinión pública a respecto deste asunto, xerando “alarmismo” na cidadanía galega. “A Xunta vai actuar con transparencia, igual que a empresa Atalaya Mining”, engadiu.

 

- Publicidade -