O PP considera un “fracaso” a convocatoria de axudas para acceder aos taxis adaptados

Agustín Hernández reclama ao Goberno local unha "mellora efectiva" neste procedemento

O PP de Santiago denunciou este martes o “fracaso” de Compostela Aberta na convocatoria das axudas para acceder aos taxis adaptados. Agustín Hernández, voceiro da formación, reclama ao Goberno local unha “mellora efectiva” deste procedemento para que estas subvencións sexan “realmente efectivas”. Cómpre lembrar que esta iniciativa foi aprobada o pasado setembro no Pazo de Raxoi, a raíz dunha proposta do PP.

Para o grupo popular, é “imprescindíbel” contar coa participación de entidades como Cogami para artellar un plan de axudas máis efectivo. Así e todo, valora tamén a posibilidade de crear unha “tarxeta prepagamento” ou “moedeiro” para facilitar o traballo ás persoas beneficiarias.

- Publicidade -