O voceiro de En Marea, Luís Villares, defendeu este martes unha proposición de lei para garantir o dereito a unha morte digna que humanizase o final da vida e de que cada individuo poida decidir como afrontar o propio. A iniciativa, que contou con todos os votos a favor da oposición, non puido saír adiante ao seren rexeitada cos votos en contra do Partido Popular.

- Publicidade -

Este dereito, que chegará máis pronto que tarde, conta cun respaldo maioritario na opinión pública, un 87% segundo a sondaxe publicada por Metroscopia en 2019. Organizacións como a Asociación Dereito a Morrer Dignamente, da que é presidenta Ascensión Cambrón, vinculan o dereito a unha vida digna co dereito a unha morte digna.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego