Malia ter acadadas 18.000 sinaturas e o apoio unánime de tódolos grupos políticos antes das eleccións do pasado ano, a ILP que promovía unha tarifa eléctrica galega non sairá adiante. O Partido Popular modifica o proxecto inicial e impulsa unha “Lei de eficiencia…”, que non inclúe unha tarifa propia para Galicia. En sinal de protesta, a CIG mobilizou preto de 200 persoas fronte ó Parlamento esixindo a aprobación da ILP orixinal.

A CIG mobilízase en defensa da tarifa eléctrica galega

Apoio do Bloque

A decisión do Partido Popular foi tamén criticada polo BNG, principal impulsor desta ILP no Parlamento galego. A formación nacionalista asegura que a nova proposta de lei desbota a meirande parte das iniciativas orixinais e perde a “oportunidade histórica” de combater a pobreza enerxética a través dunha tarifa eléctrica diferenciada.

Unha representación da CIG asistiu ao pleno desta mañá

A executiva de Núñez Feijóo califica a proposta de lei como “insolidaria” e “inconstitucional”, a pesares de existir tres informes xurídicos que indican o contrario, alén dun estudo da CIG que asegura que Galicia exporta o 40% da enerxía producida sen obter beneficio algún.

- Publicidade -