Compromiso por Galicia estreita lazos co Partido Socialista Portugués. O Secretario Xeral da formación galeguista explicou a Nós Televisión que logo da participación a finais do mes de xuño dunha delegación do seu partido na asemblea de Portugal Compromiso por Galicia continuará os contactos para traballar conxuntamente en temas como a Eurorrexión.
O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia tamén explicou como serán os actos deste ano en Compostela por parte da súa formación para o vindeiro 25 de xullo e no que participarán membros do PNV e o PSP.
Juan Carlos Piñeiro tamén quixo salientar a nula actividade do goberno galego na Eurorrexión, unha eiva que a súa formación quere solucionar a través de contactos directos co PSP.