O vindeiro Pleno ordinario de Santiago debaterá a suspensión termporal da concesión de licenzas ao antigo Colexio Peleteiro e á parte privada da Finca do Espiño. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, informou hoxe de dúas propostas que se debatirán no Pleno da Corporación do próximo xoves.
O Pleno debaterá a suspensión das licenzas do Peleteiro e da parte privada da Finca do Espiño https://t.co/5VJjRwCDtL pic.twitter.com/Tr2cxgUa3W
— Nós Televisión (@NosTelevision) 16 maio 2017
Estudar unha nova ordenación
No caso concreto da finca do Espiño, o edil manifestou que se deben garantir os usos previstos no convenio e que se debe estudar unha nova ordenación que teña máis en conta a integración paisaxística da parcela privada desta finca.