O Pleno aproba a remunicipalización da ORA e o guindastre cos únicos votos en contra do PP

O Pleno da Corporación de Santiago debateu na tarde de onte a aprobación do informe para que a sociedade municipal Tussa se fixera cargo da xestión directa da ORA e do guindastre.

- Publicidade -

O BNG optou por un “apoio crítico” á proposta

Na votación final a proposta do grupo de Goberno de Compostela Aberta contou co apoio do BNG, mentres que o PSOE optou pola abstención e o PP votou en contra. O acordo someterase a exposición pública polo prazo dun mes e non se adoptará ningunha decisión definitiva neste tema ata que se resolva o procedemento xudicial que lle afecta.

[vc_text_separator title=”Tenso debate entre Martiño Noriega e Agustín Hernández”]

“Non é pola ORA e o Guindastre, é por outras concesións que queremos recuperar”. Martiño Noriega lembroulle a Agustín Hernández, voceiro do PP en Santiago de Compostela, o presunto financiamento irregular do seu partido, nun tenso debate sobre a recuperación destes servizos públicos.

Agustín Hernández: “Non vou consentir sombras de dúbidas”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego