
O Grupo Socialista presenta unha proposta relativa ao desenvolvemento do vial de conexión co novo enlace da AP-9 e a Cidade da Cultura, entre a avenida de Manuel Fraga Iribarne e a rúa do Sandino. Na proposta que se fai ao Goberno Municipal pídeselle que dea os pasos necesarios para levar a cabo unha proposta axustada ás necesidades da cidade.
Aínda que houbo discrepancias na prioridade ou non desta iniciativa, tódolos partidos políticos coincidiron en que se trata dunha demanda da cidade que hai que levar a cabo.
Dende o Goberno Municipal, Jorge Duarte entende que hai que tratar o tema coa Xunta de Galicia xa que está claro que hai que xestionar este proxecto que supón unha maior mobilidade para o Barrio de Sar e para o Barrio de Fontiñas.