A concelleira Marta Lois presentou esta mañá o Plan de Emprego Xuvenil de Santiago de Compostela https://t.co/3MmVhISAz9 pic.twitter.com/qxLAQc9hRO
— Nós Televisión (@NosTelevision) July 21, 2017
Santiago recibirá 1,5 millóns de euros de fondos europeos para o seu Plan Xuvenil de Integración Profesional “Mocidade con Emprego”. Só dous municipios do Estado recibirán unha cantidade económica superior feito que salientou no anuncio da nova a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.
Somos o terceiro concello do Estado que máis fondos recibe
A edil explicou que os mozos e mozas que participen poderán formarse en varias profesións e contarán tamén con prácticas en empresas.
A bolsa que recibirán os mozos e mozas que formen parte deste Plan ascende a 426 euros ao mes durante seis meses. A actividade comezará en setembro de 2017 e terá continuidade ata o 2018.