Home Programas Espazo Aberto O persoal operador do 061 mobilízase polos incentivos adebedados

O persoal operador do 061 mobilízase polos incentivos adebedados

0
O persoal operador do 061 mobilízase polos incentivos adebedados

O cadro do persoal teleoperador do 061 concentrouse esta fin de semana para esixir os incentivos que lle adebeda a Xunta. As protestas tiveron lugar na Estrada e en Lalín, coincidindo con dous mítins do Partido Popular logo de que se lles reducisen os incentivos, do 15 ao 10 por cento, e tanto a empresa adxudicataria Grupo Norte como a Fundación 061 rexeitasen abonar a diferenza, ao que nun principio se comprometeran. Tamén esixen que se apliquen as melloras sociais comprometidas e se manteña o complemento de destino para o persoal de substitución.