O cadro de persoal operador do servizo 061 leva varios días en pé de guerra. As traballadores e traballadores esixen os incentivos do 15 por cento que lles adebedan xunto a aplicación das melloras sociais comprometidas hai arredor dun ano. Con este obxectivo, realizan escrachos a figuras da Xunta e do Partido Popular a quen consideran responsables da súa precariedade laboral.

- Publicidade -

O último escracho realizouse esta mesma mañá en Compostela, ante o hotel Quinta da Auga, en Compostela, onde se atopaba o presidente da Xunta, e líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro Francisco Conde que acudían á presentación do proxecto Galician Skyway- Civil UAVS Initiative. O persoal operador do 061 realizará mañá, mércores, unha manifestación na Estrada que sairá ás 12.00 horas dende a praza do Concello.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego